Trátase dun produto termoplástico transparente, moi resistente aos impactos e, con todo, moi lixeiro, o que facilita o seu transporte e instalación.
Outras das principais virtudes a destacar:
  • Elevada resistencia ás altas temperaturas.
  • Durabilidade: conserva as súas propiedades de transmisión lumínica durante moitos anos, mantendo o seu aspecto superficial practicamente inalterado.
  • Boas propiedades de illamento eléctrico
  • Pódese manipular moi facilmente Transparencia e claridade óptica
  • E sobre todo, o seu excelente comportamento ignífugo.