Panel sandwich

O panel TELLA está formado por unha chapa metálica exterior que se asemella á forma da tella clásica, dando ao panel unha estética moi similar a télla cerámica.

É un panel con deseño urbanístico, recomendado para o seu uso residencial, leiras rústicas, vivenda unifamiliar, e que require tan só unha pendente mínima do 10%.

Pódese instalar directamente como única cuberta final ou sobre calquera outra superficie utilizándoo como acabado final e illamento. Combina altas prestacións mecánicas, altos niveis de illamento térmico e acústico e un excelente acabado estético.

O panel TELLA tamén se pode fornecer con acabado interior en imitación madeira, o que lle confire un aspecto cálido e acolledor evitando ter que incorporar falso teito.

Existen varias tonalidades e acabados: imitación en madeira clara, escura, veteada, alistonada,… No noso stock dispoñemos da modalidade de elección máis habitual, pero sempre podemos conseguir o que prefira o cliente.