Panel sandwich

Do normal ao excelente só hai que esmerarse un pouco.

  • O corte. A nosa serra de corte, específica para panel sandwich, garante un corte limpo, sen rebabas, ao milímetro.
  • A embalaxe. É a nosa obsesión. Un produto tan delicado esixe preparalo entre algodóns para que chegue perfecto.
  • O transporte. Os envíos realízanse sempre con camións propios, controlando desta forma a entrega final de cada pedido.

Non necesita buscar máis. Ademais do amplo stock, dispoñemos dos remates e accesorios necesarios para que atope todo o necesario para a instalación da súa cuberta ou fachada. O noso servizo de corte e encartado a medida, permite ofrecer solucións flexibles a calquera necesidade.