Panelamedida é unha división de negocio pertencente a Hierros Varela Urbieta, especializada na comercialización de chapas e paneis para cubertas e fachadas.

O noso principal obxectivo é a entrega inmediata de panel sandwich cortado a medida. Seleccionamos os mellores produtos para cada aplicación, e sabemos recomendar o que mellor se adapta a cada necesidade.

Para iso dispoñemos do maior stock en Galicia de Panel Sandwich, Chapas Perfiladas, Paneis de Iluminación de policarbonato, Chapas de Forxado Colaborante, etc.

Así mesmo, e para dar unha solución completa, fornecemos a rematería e tamén os sistemas de fixación necesarios para cada produto.

Paneles sandwich